Nova
14/11/2022
Federativas

Martín De la Puente campión do XXV Máster Nacional de Tenis en Cadeira 2022

Martín De la Puente arrasou no XXV Master Nacional Les Franqueses del Vallès-Club Tenis Els Gorchs Open Onat Foundation, celebrado do 10 ao 13 de novembro no Complexo Esportiu Municipal Les Franqueses, Les Franqueses del Vallès, Barcelona.

O vigués mostrouse intocable na fase de round robin, superando a Francesc Tur (6-0 6-0), a Francisco García (6-2 6-1) e a Arturo Montes (6-0 6-0).

Na final desfíxose con facilidade de Enrique Siscar, o resultado 6-1 6-1.

Este é o quinto título de campión do Máster que acada. ¡Parabéns Martín!