Nova
14/02/2022
Federativas

Martín De la Puente finalista de dobres no International ABN AMRO 2022

Novo título internacional para Martín De la Puente. Nesta ocasión conseguiu ser subcampión de dobres, xunto ao arxentino Gustavo Fernández, no Torneo Internacional ABN AMRO celebrado en Holanda do 10 ao 13 de febreiro.

Na proba individual, Martín perdeu ante Daniel Caverzaschi na primeira rolda, o resultado 6-3 6-7(3) 7-5, amosa o igualado que estivo o encontro.

En dobres, Martín e Gustavo eliminaron en semifinais á parella local formada por Tom Egberink e Maikel Scheffers por 6-1 0-6 [10-5].

Na final impuxéronse os franceses Stephane Houdet e Nicolas Peifer cun resultado de 6-2 6-0.