Nova
11/03/2025
Federativas

Martín De la Puente finalista do Georgia Open

O vigués Martín De la Puente sumou un novo título á súa lista de logros, quedando subcampión do International Georgia Open en Estados Unidos.

Clasificouse para cuartos de final ao vencer a Adam Berdichevsky (ISR) cun resultado de 6-3 e 6-1. Despois eliminou a Conner Stroud (EEUU) cun resultado de 6-0 6-3.

Nas semis remontou un primeiro set na contra ante o seu compañeiro de selección, Daniel Caverzaschi, para acabar gañando por 3-6 7-5 6-4.

Na final impúxose ao arxentino Gustavo Fernández por 6-4 6-4.