Nova
17/03/2025
Federativas

Martín De la Puente, finalista do ITFSS Baton Rouge

Martín De la Puente segue acumulando éxitos na súa xira por Estados Unidos, chegando ás finais da Baton Rouge Superseries en Louisiana.

Na segunda rolda, Martín venceu a Adam Berdichevsky (ISR) cun resultado de 6-1 e 6-2.

Os seguintes partidos, en cuartos e semifinais, tiveron que decidirse no terceiro set:

  • Cuartos de final ante Daniel Caverzaschi 6-4 5-7 7-5 en 3 horas e 20 minutos de xogo.
  • Semis ante Gordon Reid 7-6(2) 5-7 6-3, tamén nun partido que durou máis de tres horas.

Na final, Martin perdeu ante o número 2 do mundo Alfie Hewett (GBR) por 6-0 e 6-3, sufrindo o cansazo dos dous partidos anteriores.