Nova
26/05/2025
Federativas
Martín De la Puente, finalista individual e campión de dobres do ITF 1 Series de Barcelona
Gran torneo para o vigués Martín De la Puente, que gañou os títulos de subcampión individual e campión de dobres do ITF 1 Series de Barcelona.
Na categoría individual, Martín derrotou a Ho Won Im (KOR) por 6-0 e 6-1 e a Gordon Reid (GBR) por 6-1 e 6-0. Na final perdeu contra o arxentino Gustavo Fernández cun marcador de 6-4 6-4.
Nos dobres, coroouse campión xunto a Rubén Spaargaren (NED), gañando de forma convincente na final á parella formada por Ho Won Im (KOR) e Gaetan Menguy (FRA).
¡Parabéns!