Nova
28/07/2025
Federativas
Martín De la Puente gaña o Belgian Open
O vigués Martín De la Puente coroouse campión individual e dobres no Torneo Internacional Belgian Open celebrado do 23 ao 27 de xullo na cidade de Enghien, Bélxica.
Para chegar á final, Martín non perdeu nin un só set, gañando por 6-0 6-0 ao francés Christian Gross, 6-0 6-2 ao surafricano Alwande Sikhosana e 6-2 6-2 ao neerlandés Ruben Spaargaren.
A final contra o estadounidense Casey Ratzlaff foi máis reñida e acabou nun terceiro set. O resultado final foi 7-5 4-6 6-4.
Na proba de dobres, formou parella con Casey Ratzlaff. Derrotaron a Alwande Sikhosana (RSA) e Kouhei Suzuki (XPN) na final por 6-4 6-2.