Nova
16/12/2024
Federativas

Martín De la Puente logra o seu oitavo título de Campión de España

Martín De la Puente conquistou o XXXIV Campionato de España MAPFRE de tenis en cadeira, sumando ao seu palmarés o oitavo título de campión de España.

Para chegar á final, o galego venceu por 6-1 6-2 a Arturo Montes e 6-0 6-1 a Francesc Tur.

Na final enfrontouse a Daniel Caverzaschi que, tras superar unha lesión no pulso e regresar máis forte que nunca, loitou con todas as súas forzas para arrebatarlle o trono ao galego.

O primeiro set foi unha mostra do equilibrio e da calidade que marcou toda a final. De la Puente e Caverzaschi intercambiaron golpes con gran precisión, levando o marcador a un apretado 7-6 a favor do galego, que conseguiu salvar unha bola de set en contra e mostrou maior consistencia nos momentos decisivos.

No segundo set, Caverzaschi subiu o nivel do seu xogo, despregando un estilo máis ofensivo e demostrando unha impresionante velocidade de cadeira que lle permitiu salvar puntos clave. Aproveitando algúns erros do seu rival, o madrileño conseguiu gañar por 6-7, empatando e levando a final ao terceiro set.

O desempate foi un auténtico espectáculo. Co público completamente comprometido, ambos xogadores loitaron ata o límite. Aínda que o inicio do set estivo moi igualado, Martín sacou a relucir a súa experiencia e agresividade en momentos cruciais, logrando gañar 6-3 e conseguindo o seu oitavo título nacional.

Na categoría de dobres, Martín logrou ser finalista en parella con Dominick Bukala. Perderon na final ante Daniel Caverzaschi e Enrique Siscar (5-7 6-3 10-8).