Nova
29/06/2022
Federativas

Martín de la Puente proclámase Campión do Torneo Internacional da Fundación Emilio Sánchez Vicario

Martín obtivo grandes resultados no torneo. En individual, Martín proclamouse campión tras vencer na segunda volta ao brasileiro Daniel Rodrigues por 6-4 3-6 6-4, ao chileno Alexander Cataldo 6-2 6-4 en cuartos, en semifinais venceu ao xaponés Takuya Miki por un axustado 6-4 5-7 6-2, na final gañou 6-4 6-4 a Tom Egberink (NED).

Na modalidade de dobres, xunto ao español Daniel Caverzaschi, impuxéronse en cuartos sen moitas complicacións á parella formada polos españois Enrique Siscar Meseguer e Francesc Tur por 6-0 6-0, nas semifinais ante o chileno Alexander Cataldo e o brasileiro Daniel Rodrigues 6-2 4-6 10-8, na final non conseguiron o título, os xogadores Ruben Spaargaren (NED) e Tom Egberink (NED) gañaron por 6-1 5-7 5-10