Nova
12/07/2021
Institucionais

Martín De la Puente semifinalista no ITF Fundación Emilio Sánchez Vicario

O galego Martín De la Puente conseguiu ser semifinalista nos cadros individuais e dobres do ITF Fundación Emilio Sánchez Vicario.

Na modalidade individual Martín gañou a Stefanis Diamantis (GRE) por 5-7 6-3 6-2 e a Carlos Anker (NED) cun dobre 6-4. En semifinais caeu ante o xaponés Daisuke Arai nun encontro que tivo que ir ao terceiro set 6-4 3-6 6-1.

Nos dobres, Martín xogou xunto a Daniel Caverzaschi. Gañaron por 6-0 6-2 a Francisco García Vena / Arturo Montes Vorcy (ESP) pero en semifinais non conseguiron superar a Daisuke Arai / Takuya Miki (JPN), o resultado 2-6 6-2 11-9.