Nova
21/06/2023
Federativas

Martin de la Puente subcampión do French Riviera Open

Martín proclámase subcampión do French Riviera Open celebrado en Biot do 13 ao 18 de xuño tras perder na final ante o arxentino Gustavo Fernández por 2-6 7-6 6-7.

 

Martín chegou á final tras gañar ao español Enrique Siscar por 6-1 6-2 na primeira volta, ao francés Francois Heyraus 6-0 6-2 na segunda volta e ao xaponés Takuya Mili en cuartos de final por 4-6 7-5 6-3 e nas semifinais a Tokito Oda por 6-1 7-6

No cadro de dobres, formando parella con Gornon Reid, perderon en semifinais contra Tom Egberink (NED) e Stephane Houdet (FRA) por 5-7 3-6, en cuartos venceron por 6-2 6-1 ante os franceses Frederic Cattaneo e Nicolas Charlier.

Parabéns Martín!