Nova
01/08/2022
Federativas

Martín De la Puente subcampión en dobres do Open de Bélgica

O tenista en cadeira de Vigo partía desde o número 3 de serie, polo que gozou dun bye na primeira volta. Na segunda rolda eliminou ao xaponés Kouhei Suzuki, número 23 do ranking mundial, cun resultado de 6-1 6-3. En cuartos venceu a Evans Maripa de Sudáfrica por 6-3 6-3, na semifinal non logrou vencer ao belga Joaquín Gerardo, Martín perdeu por 6-7 (6) 6-0.

Na categoría de dobres, Martín fixo equipo con Tokito Oda. Gañaron cun dobre 6-1, nos cuartos de final, ante a parella dos franceses Guilhem Laget e Gaetan Menguy. Nas semifinais venceron a Maikel Scheffers e Ruben Spaargaren (NED) por 6-7(4) 6-3 e 6-4. Na final non conseguiron a vitoria, perderon ante a parella formada por Joaquín Gerardo (BEL) e Nicolás Peifer (FRA) por 4-6 4-6