Nova
19/01/2023
Federativas

Noa Pena campioa de dobres infantil do TTK Warrios Madrid

Do 2 ao 9 de xaneiro celebrouse na Ciudad de la Raqueta de Madrid o TTK Warriors Tour.

Alevín Feminino

Amina Bekova perdeu na primeira volta contra Miku Matsuo 6-4 6-2

Infantil Feminino

Noa Pena chegou aos cuartos tras vencer a Valeria de Pablo García por 6-1 6-3 na primeira volta, en oitavos de final a Luisa Maria Opresci por 6-2 7-5, en cuartos Noa perdeu ante Nadia Jiménez por 6-1 3-6 10-3.

Na categoría de dobres infantil Noa Pena logrou o título de campioa xunto coa súa compañeira Paula González ao vencer á parella formada por Luisa Oprescu / Marta Ruiz por 4-1 4-2 nas semifinais e na final a Paula Pinto e Alejandra Ribon por 4-1 4-0.

Cadete feminino

Clara Arambillet gañou en oitavos de final a Paola Giner Ruiz 6-1 6-3 e perdeu en cuartos contra Erika Abraham 3-6 7-5 10-6

Carlota Souto quedou fóra nos oitavos de final tras perder contra Virginia Madueño por 6-1 6-4

Blanca Trillo tamén perdeu en oitavos de final contra Madalena Santos 5-7 7-5 10-8

Na categoría de dobres cadete feminino, as xogadoras Blanca Trillo e Clara Arambillet perderon en semifinais ante Paula Priego e Elena Camacho por 4-1 e 4-2.

Cadete masculino

Nicolás Bellas perdeu na primeira rolda ante Diego Berges por 6-2 6-2.

Yeray quedou fóra na segunda volta tras perder contra o Daría Carballal por 5-7 7-5 3-2

Na categoría de dobres masculino cadete, Nicolas Bello e Yeray Quián perderon na final ante a parella formada por Iván Menendez e Yurii Hoida por 5-3 5-4 (3).