Nova
26/08/2021
Institucionais

O Deporte Galego chora o pasamento de José Manuel Rodríguez, Palelas, tras toda unha vida adicada ao atletismo

Palelas recibiu no 2012 da man do presidente da Xunta a distinción ao Mérito Deportivo de Galicia
 

Santiago, 26 de agosto de 2021.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, manifestou o seu pésame, en nome de todo o deporte galego, polo pasamento de José Manuel Rodríguez 'Palelas', un home que "dedicou toda a súa vida ao atletismo galego e lucense". 

O mandatario galego destacou tanto a súa faceta deportiva, sendo un dos pioneiros do atletismo de alto nivel, chegando a estar becado na Residencia Blume; como a súa faceta de xestión, sendo unha persoa importante tanto na federación lucense como na galega.

Palelas recibiu no ano 2012 da man do presidente da Xunta a distinción ao Mérito Deportivo de Galicia que premia a aquelas persoas que estean a contribuír, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e a educación física en Galicia.