Nova
05/02/2021
Institucionais

O Deporte Galego lamenta o pasamento de Paco Martínez, “mítico adestrador do Celta de baloncesto e impulsor do deporte feminino”

Santiago, 5 de febreiro de 2021.- A Secretaría Xeral para o Deporte, a través do seu titular José Ramón Lete Lasa, lamenta profundamente o pasamento de Paco Martínez, “un home que dedicou a súa vida a promover o deporte feminino acadando grandes fitos como a Copa da Raíña do Celta feminino de baloncesto en 1981”. Lete Lasa recordou aquel equípo mítico vigués confeccionado co “saber e a experiencia intanxibles de Paco Martínez”. A Xunta de Galicia manifesta asemade o seu pésame a todos os achegados, familiares e ao baloncesto galego en xeral.