Nova
27/06/2019
Institucionais

O secretario xeral para o Deporte despide á delegación galega que participa no Mundial de Vela 420 en Vilamoura (Portugal)

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 27 de xuño de 2019.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, despediu esta tarde no Centro Galego de Vela de Vilagarcía aos deportistas galegos e canarios que parten mañá á localidade portuguesa de Vilamoura para participar no Mundial de Vela 420 (do 3 ao 11 de xullo). A totalidade destes regatistas participará así mesmo no Campionato Europeo que organiza a Real Federación Galega de Vela en Vilagarcía, do 23 ao 30 de xullo.

O mandatario galego aproveitou a visita para destacar o extraordinario momento da vela en Galicia, e desexou moita sorte a ambas as delegacións na cita internacional.