Nova
18/07/2022
Institucionais
O Secretario Xeral para o Deporte participou na entrega de trofeos da V Kite Fest de Cesantes, que non deixou indiferente a ninguén
Redondela (Pontevedra), 17 de xullo de 2022.- Lete Lasa asistiu este domingo á xornada de clausura do V Kite Fest Cesantes Trofeo Xacobeo, unha edición que deixou momentos vibrantes e na que se coroaron Justo Fernández, Patricia Suárez e David Marín.
O evento reuniu algúns dos mellores raiders do mundo que non escatimaron en amosar todo o seu nivel nunhas xornadas nas que a climatoloxía acompañou. Os asistentes puideron desfrutar do espectáculo dende a praia de A Punta, en Cesantes.