Nova
27/06/2019
Institucionais

O secretario xeral para o Deporte supervisa o estado da nova pista de pádel de Salvaterra e avanza en novos proxectoss

Salvaterra do Miño (Pontevedra), 27 de xuño de 2019.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Salvaterra do Miño, Marta Valcárcel, para abordar novas liñas de colaboración de cara a mellorar o conxunto do deporte do concello pontevedrés.

Así tamén, o mandatario galego supervisou o estado da obra de construción dunha nova pista de pádel que completará as instalacións deportivas do Casal, na zona de Os Ramallás. Esta nova pista ten un custo duns 47.819,08 euros achegados integramente pola Xunta de Galicia. O secretario xeral, destacou que “a oferta de instalacións deportivas do Goberno autonómico sempre será coherente coas demandas da poboación coa fin de que cada vez máis persoas practiquen actividade física”.