Nova
28/09/2018
Institucionais

A Organización Mundial da Saúde inclúe o programa “DAFIS” coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, na nova guía “Promoting physical activity in the educational sector”

O programa “Datos de Actividade Física Saudable” e considerado un referente na UE para promover a actividade física e a saúde a través do ámbito educativo

 

Santiago, 28 e setembro de 2019.- A Organización Mundial da Saúde -Europa- recolle no súa ultima publicación titulada: “Promoviendo la actividad física en el sector de la Educación. Estado actual y casos de éxito del Parlamento Europeo y Estados Miembros de la Unión de la Región Europea de la OMS ó programa DAFIS elaborado ao amparo do Plan Galicia Saudable, promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte - Fundación Deporte Galego - co obxectivo de facilitar aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte, a valoración da condición física dos alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral que participa en iniciativas vinculadas á práctica de actividade física e deporte.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez valora este recoñecemento ao programa DAFIS por parte da Organización Mundial da Saúde (Europa) porquesustenta que é unha plataforma cun gran potencial para a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade infantil; unha ferramenta que mellora a saúde da nosa poboación a través da práctica regular de actividade física, exercicio físico e deporte”.

DAFIS é un instrumento “imprescindible para os centros galegos implicados en proxectos innovación educativa ( Plan Proxecta) de vida activa e saudable, xa que lles permite coñecer o impacto real que ten na saúde do alumando a programación de actividades que levan a cabo para que os alumnos e alumnas galegos incorporen hábitos de vida activa no seu día a día”. Ademais o novo modelo de integración nos concellos de Galicia achega a posibilidade de “coñecer a situación real do 100% da poboación escolar dun municipio por rangos de idade e outros datos para poder planificar e implementar as medidas necesarias para a mellora da saúde a través da práctica diaria de actividade física”.

O programa DAFIS iniciouse no curso escolar 2012-2013, e nestes 5 anos participaron 72 centros educativos, con mais de 15.700 valoracións da condición física saudable realizadas correspondentes aos mais case 10.200 alumnos e alumnas valorados.

Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas calidades físicas e psicomotoras que está demostrado cientificamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en que estado físico atópase a persoa e con eses datos decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidade.

A través da plataforma web os centros obteñen informes precisos (grupo/clase, histórico do alumno/a, global de centro educativo, etc), cunha análise comparativa coa base de datos (galega) que xa existe na plataforma.

Ao longo destes anos DAFIS ten demostrado ser unha plataforma útil para o seguimento da evolución da condición física do alumnado de Educación Primaria e Secundaria en Galicia, así como a evolución do IMC da poboación escolar avaliada, podendo establecer correlacións entre ambos parámetros.

Exemplos como Cangas e Camariñas, implicados xa como Concellos DAFIS, marcan o camiño a seguir en pro dunha cidadanía mais activa e saudable. O documento da OMS pode descargarse nesta ligazón.