Nova
03/09/2025
Institucionais

Os premios Deporte Galego dos anos 2023 e 2024 recoñecerán o traballo de 48 persoas e entidades o 10 de setembro no CGTD

Teresa Abelleira, Adrián Ben, Melania Rodríguez, Rodrigo Corrales, Jorge Prado, Susana Rodríguez, Judith Rodríguez, Adiaratou Iglesias, Gustavo Dacal, Martín de la Puente, Damián Ramos e Juan Antonio Saavedra destacan entre os premiados máis importantes

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2025.- A Secretaría Xeral para o Deporte, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de resolver o acordo do xurado cualificador dos premios do Deporte Galego dos anos 2023 e 2024 que será publicado este venres no Diario Oficial de Galicia. A gala de entrega dos galardóns celebrarase o mércores 10 de setembro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Cómpre destacar a dificultade das propostas e decisións do xurado dos premios que tiveron en conta a realidade do deporte galego durante estes últimos dous anos nos que o deporte galego ratificou a súa posición como referente nacional e internacional.

Nesta ocasión, os premios que recoñecen aos máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia, distinguen a 25 premiados nas 19 categorías de 2023, así como 23 nas mesmas categorías de 2024.

Lista de premiados do ano 2023:

Mellor deportista feminina: Teresa Abelleira Dueñas (fútbol)

Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Susana Rodríguez Gacio (tríatlon) e Adiaratou Iglesias Forneiro (atletismo)

Mellor deportista masculino: Adrián Ben Montenegro (atletismo)

Mellor deportista masculino con discapacidade: Gustavo Dacal Martínez (atletismo)

Mellor deportista revelación feminina (ex aequo): Laura Vázquez Fernández (judo) e Helena García Suárez (taekwondo)

Mellor deportista revelación masculino: Jaime Wizner Pérez Lafuente (vela)

Mellor equipo feminino (ex aequo): Celta Femxa Zorka – CD Bosco e Club Universitario Baxi de Ferrol (baloncesto)

Mellor equipo masculino: Selección Galega UEFA (fútbol)

Mellor equipo inclusivo: Club Deportivo Delikia (tríatlon e atletismo)

Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Patinaxe Artística Gondomar (patinaxe artística)

Mellor adestrador ou adestradora (ex aequo): Jonatan Giráldez Costas (fútbol) e Pablo Clemente Hinójar Rey (ximnasia)

Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Nagore Valle Benito (judo)

Mellor labor informativo: DxT Campeón

Mellor evento deportivo (ex aequo): Karate 1 Youth League (A Coruña) e Final das Series Mundiais Tríatlon (Pontevedra)

Mellor patrocinio deportivo: Aceites Abril

Premio ao xogo limpo: Florina Valentina Medrea (baloncesto)

Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa (ex aequo): Concello de Abegondo e Concello de Arteixo

Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: BeOne

Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: IES Xograr Afonso Gómez (Lugo)

Lista de premiados do ano 2024:

Mellor deportista feminina: Melania Rodríguez Muñoz (ximnasia)

Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Judith María Rodríguez Menéndez (esgrima) e Susana Rodríguez Gacio (tríatlon)

Mellor deportista masculino: Rodrigo Corrales Rodal (balonmán) e Jorge Prado García (motociclismo)

Mellor deportista masculino con discapacidade (ex aequo): Damián Jaime Ramos Sánchez (ciclismo), Martín de la Puente Riobó (tenis) e Juan Antonio Saavedra Reinaldo (tiro olímpico)

Mellor deportista revelación feminina: Daniela Suárez Fernández (natación artística)

Mellor deportista revelación masculino: David Mella Boullón (fútbol)

Mellor equipo feminino: Club Deportivo Burela Fútbol Sala (fútbol sala)

Mellor equipo masculino: Club Básquet Leyma Coruña (baloncesto)

Mellor equipo inclusivo: equipo español Barco Dragón DB10 200 metros (piragüismo)

Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Emevé (voleibol)

Mellor adestrador ou adestradora: Daniel Brage Casteleiro (piragüismo)

Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Dolores Rojas Suárez (atletismo)

Mellor labor informativo: Soltando Estacha (CRTVG)

Mellor evento deportivo: Campionato do Mundo de Motocrós MXGP Lugo

Mellor patrocinio deportivo: Abanca

Premio ao xogo limpo: equipo cadete da Sociedade Deportiva Burela (fútbol)

Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Ribadeo

Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Carreira Alternativa (AGAXEDE)

Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: IES As Lagoas (Ourense)