Nova
01/07/2022
Federativas

Ouro para Jessica Bouzas e Guiomar Maristany nos Xogos do Mediterráneo

A pontevedresa Jessica Bouzas e a barcelonesa Guiomar Maristany lograron o ouro na categoría de dobres de tenis feminino na 19ª edición dos Xogos do Mediterráneo que se disputan esta semana nas pistas do Club de Tennis Habib Khelil, na cidade alxerina de Orán.

Os tenistas masculinos que representaron a España, o barcelonés Álvaro López San Martín e o valenciano Carlos López Montagud, tamén conseguiron unha medalla, pero neste caso foi de prata.

No formato individual, Jessica Bouzas caeu en semifinais e Guiomar Maristany meteuse na final, asegurando así a prata.

¡Parabéns!