Presentación do ITF M25 Sanxenxo
Onte, martes 18 de abril de 2023 celebrouse no Hotel Carlos I Silgar a presentación do ITF M25 Sanxenxo, o torneo ITF Futures $25000 celebrarase no Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo do 23 ao 30 de abril.
Na presentación asistiron:
- Alcalde de Sanxenxo – Telmo Martín
- Xerente do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo – Antón Hernández
- Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia – Daniel Benavides
- Presidente da Federación Galega de Tenis – José Mosquera
- Director do Hotel Carlos I Silgar – Leonardo López
- Presidente do Consorcio Empresarial de Turismo de Sanxenxo – Alfonso Martínez
- Director Técnico do Círculo Deportivo Cultural Sanxenxo – Noli Álvarez.
O torneo recibiu un total de 517 solicitudes de 61 nacionalidades, na Fase de Clasificación faranse dúas táboas de 32 xogadores cada unha, a partir de aí accederán ao cadro final os 8 mellores tenistas. No torneo participarán os xogadores galegos: Tomás Curras (Número 1 do ranking galego – Ureca), Iago Domínguez (Club de Tenis Pontevedra), Ander Tarrío (CCD Sanxenxo), Carlos Tubio Martin (C. Mctil. e Ind. Pontevedra) , Iago Salvador Pita (Ureca) e Saul Berdullas Calvino (Club de Tenis Coruña)
O M25 está aberto ao público en xeral e de balde ata completar aforo nas instalacións do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo.