Nova
01/10/2019
Federativas

Programa Tenis na Escola 2019-2020

O Programa Tenis na Escola é un programa de promoción que busca achegar o tenis aos centros escolares de Galicia. A través deste programa queremos solucionar un dos principais inconvenientes cos que os centros escolares atópanse para poder impartir unha unidade didáctica dedicada ao tenis, que é a falta de material específico de tenis.

Desde a Federación Galega de Tenis ofertamos aos centros educativos de primaria, secundaria e Bacharelato a posibilidade de recibir a cesión dun  pack de material (25 raquetas e 25 bólas) durante un tempo aproximado dun mes, para poder desenvolver a unidade didáctica.
 
Ao longo do curso 2018-2019 foron máis de 4.000 nenos e nenas os que se beneficiaron deste programa, que segue crecendo ano tras ano.
 
Para solicitar o uso do material, é necesario encher o seguinte formulario:
 
FORMULARIO SOLICITUDE DE MATERIAL [ligazón]
 
O prazo límite de recepción de solicitudes é o venres, 20 de setembro. A partir desa data establecerase a programación de cesións e informarase a cada centro da data na que lle corresponde o material, así como o mecanismo de entrega/recepción do mesmo.
 
Unha vez finalizado o prazo de solicitude, aceptaranse inscricións, pero as cesións quedarán supeditadas á dispoñibilidade de  packs de material.