Nova
18/11/2025
Federativas

Rafael Izquierdo, campión de dobres do M25 Vale do Lobo

Rafael Izquierdo Luque proclamouse campión de dobres do Torneo Internacional M25 Vale do Lobo celebrado do 10 ao 16 de novembro de 2025 en Portugal.

Neste torneo, o xogador coruñés formou parella con Ignasi Forcano. Nas semifinais, eliminaron á parella formada polo xogador portugués Tomás Luis e o xogador galego Tomás Currás. Na final, derrotaron a Alberto Barroso e Benjamín Winter cun resultado de 7-6(2) 6-3.

Este é o cuarto título de dobres que gaña esta tempada:

  • Novembro – M25 Vale do Lobo con Ignasi Forcano
  • Outubro – M25 Sintra con Pedro Araujo
  • Agosto – M25 Idanha-a-Nova con Ivan Marrero Curbelo
  • Marzo – M25 Vale do Lobo con Francisco Rocha

Na proba individual, Rafa chegou ás semifinais ao eliminar a Diogo Marques (POR) por 6-4 e 6-3, a Gastao Elias (POR) por 3-6 e 6-4 e a Jack Loge (BEL) por 6-2 e 6-1. O ucraíno Georgii Kravchenko eliminouno nun partido que tivo que decidirse no terceiro set por 6-2 3-6(7) e 6-5.

En canto á participación de Tomás no individual, derrotou a Joao Graca por 6-2 e 6-1 e a Ryan Nijboer por 7-5 e 6-3. Nos cuartos de final, caeu ante o xogador ucraíno que eliminou a Rafa cun marcador de 7-5 e 6-0.