Nova
17/03/2025
Federativas
Rafael Izquierdo campión de dobres no M25 Vale do Lobo
Rafael Izquierdo gañou o título de dobres no Internacional Vale do Lobo celebrado en Almancil, Portugal.
O santiagués fixo parella co portugués Francisco Rocha. Dorrotaron na final á parella formada polo francés Robin Bertrand e o italiano Federico Bondioli cun resultado de 7-6(4) 6-3.
Na proba individual, os dous representantes galegos, Tomás Currás e Rafael Izquierdo, perderon na primeira rolda.
Tomás clasificouse directamente para o cadro final. O chinés Yi Zhou eliminouno cun resultado de 7-6(3) 6-4.
Rafael superou a previa do torneo gañando a James Wilkinson (GBR) 6-2 7-5 e a Peter Sychev (ISR) 6-0 6-1. Na primeira rolda do cadro final cedeu ante Liam Broady (GBR), 6-1 6-4.