Nova
21/05/2019
Federativas

Resultados de Martín De la Puente na Copa do Mundo 2019

O equipo da selección Española de Tenis Cadeira, formado por Martín De la Puente, o madrileño Daniel Caverzaschi e o murciano Enrique Siscar, conseguiu por segundo ano consecutivo un 7º posto na Copa do Mundo.

A competición disputouse en Ramat Hasharon (Israel) e co 7º posto, España asegurouse unha praza na edición do próximo ano.

Na fase de grupos, o equipo Español, logrou un segundo posto, gañando a Sri Lanka (3-0) e Brasil (3-0) e ceciendo ante Francia (2-1), selección que conseguiu a prata tras perder na final con Gran Bretaña.

Na loita polo 5º ao 8º posto, a selección nacional perdeu con Holanda (2-0) e superou a Estados Unidos (2-0).