Nova
15/02/2022
Institucionais

A Secretaría Xeral para o Deporte avanza na colaboración cos concellos ourensáns de Sandiás, Pontedeva, Arnoia e A Veiga

Ourense, 15 de febreiro de 2022.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo catro xuntanzas de traballo na mañá de hoxe cos alcaldes dos concellos ourensáns de Sandiás, A Veiga, Arnoia e Pontedeva cos que analizou as distintas liñas de colaboración emprendidas no ámbito deportivo nos últimos anos e explorou novas vías de cooperación para 2022.