Nova
07/04/2017
Federativas

A secretaria xeral para o Deporte e o presidente do Comité Olímpico Español manteñen un encontro de traballo en Madrid

Os puntos tratados na reunión estiveron centrados no establecemento de novas liñas de colaboración, na optimización de sinerxías, no desenvolvemento dos programas do COE na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o apoio aos deportistas olímpicos galegos de cara a Toquio 2020

Santiago, 7 de abril de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, vén de manter un encontro de traballo na sede do Comité Olímpico Español (COE) co presidente da entidade, Alejandro Blanco. Na xuntanza, ambos mandatarios sentaron as bases para continuar colaborando en prol do deporte a nivel autonómico e nacional.
Os puntos tratados na reunión estiveron centrados no establecemento de novas liñas de colaboración, na optimización de sinerxías, no desenvolvemento dos programas do COE na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o apoio aos deportistas olímpicos galegos de cara a Toquio 2020.