Nova
26/04/2019
Institucionais

A Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Amtega realiza unha xornada de manexo da nova páxina web do deporte galego para as federacións deportivas de Galicia

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2019.- A Secretaría Xeral para o Deporte, da man da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) realizou no día de hoxe unha xornada formativa centrada na xestión de contidos do novo portal de Deporte galego dirixida ás 58 federacións deportivas de Galicia.

A reunión, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, contou cunha nutrida representación federativa e serviu para que os usuarios e usuarias destas entidades poidan comezar a publicar e modificar contido propio nas seccións de ‘Novas’ e ‘Axenda de eventos’.