Nova
21/01/2017
Federativas

A secretaria xeral para o Deporte participa na XXI Gala de Hipica Galega e valora a importancia dun deporte que conta con máis de 3.000 licencias femininas

Avoga por “continuar apostando por esta actividade ano tras ano como fai a Secretaría Xeral para o Deporte que no exercicio de 2016 subvencionou a Federación con preto de 60.000 euros

Vigo, 21 de xaneiro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, participou no serán de hoxe na XXI Gala de Hípica Galega celebrada pola Federación Galega de Hípica. Alí, fixo entrega dos premios correspondentes as competicións de hípica da tempada 2016 e destacou a importancia dun deporte que “aposta pola igualdade” e no que destacan “as máis de 3.000 licencias deportivas femininas”. En total, Galicia conta con 4.129 licencias, das cales 1.125 corresponden a homes e 3.004 a mulleres.
A máxima responsable do deporte a nivel autonómico valorou a relevancia desta especialidade deportiva que fai que Galicia sexa a cuarta comunidade en número de licencias e a cuarta en número de clubs con actividade, superada só por Cataluña, Madrid e Andalucía. Nesta liña, avogou por “continuar apostando por esta actividade ano tras ano como fai a Secretaría Xeral para o Deporte que no exercicio de 2016 subvencionou a Federación con preto de 60.000 euros”.