Nova
06/05/2019
Institucionais

A Secretaría Xeral para o Deporte participa no Mundial ITU Multideporte de Pontevedra e celebra o éxito de Javier Gómez Noya e Pablo Dapena na carreira de Longa Distancia

Pontevedra, 4 de maio de 2019.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañou aos deportistas galegos que participaron na proba de Tríatlon de Longa Distancia no Mundial ITU Multideporte celebrado na cidade do Lérez e celebrou o éxito do campión do Mundo, Javier Gómez-Noya, e do subcampión, Pablo Dapena. Ademais cómpre destacar os campionatos mundiais de Susana Rodríguez Gacio en Ácuatlon PTVI e de Esteban Basanta en Ácuatlon Júnior, o subcampionato do bolseiro do CGTD, Jorge González Mariño en Ácuatlon Júnior e o bronce en Ácuatlon sub23 de Andrés Cendán Lloréns.