Nova
06/11/2018
Institucionais

A Secretaría Xeral para o Deporte recomenda a suspensión de actividades deportivas no exterior situadas nas zonas afectadas pola alerta laranxa

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará as 12:00/15:00 horas do martes día 6.11.2018 e prolongaráse ata as 00:00 horas do día 7.11.2018.

Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica de suroeste da Coruña, oeste da Coruña, noroeste da Coruña, litoral Pontevedra e a Mariña.

Ante a devandita situación de risco, a Secretaría Xeral para o Deporte recomenda o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO EXTERIOR situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.

2. A Secretaría Xeral para o Deporte comunicará esta incidencia ás Federacións Deportivas Galegas, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.

3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopan as instalacións deportivas, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as federacións e entidades deportivas poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades deportivas.