Nova
20/01/2017
Federativas

A secretaria xeral para o Deporte supervisa as obras do Pavillón de Dena, en Meaño, que permiten que os galegos gocen das mellores instalacións para a práctica deportiva

Para a realización destas actuacións, a Xunta de Galicia achegou un total de 20.000 euros, sendo o importe total das actuacións de 31.162,07 euros dos que o Concello de Meaño aportou os 11.162,07 euros restantes

 
Meaño (Pontevedra), 20 de xaneiro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle supervisou na mañá de hoxe as obras levadas a cabo no Pavillón Municipal de Dena, en Meaño.
Alí, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico valorou a importancia de convenios como o asinado entre a Xunta de Galicia e o Concello de Meaño que posibilitan que “os deportistas e a cidadanía en xeral gocen das mellores instalacións para a práctica deportiva”. 
Na súa visita, a secretaria xeral puido comprobar in situ o resultado da actuación levada a cabo no Pavillón Municipal de Dena que se levou a cabo ao abeiro do convenio asinado o pasado 22 de setembro de 2016 entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Meaño. O devandito convenio regula a intervención no Pavillón Municipal de Dena para executar a instalación de ventilación mecánica así como a reparación da cuberta.
Para a realización destas actuacións, a Xunta de Galicia achegou un total de 20.000 euros, sendo o importe total das actuacións de 31.162,07 euros dos que o Concello de Meaño aportou os 11.162,07 euros restantes.