Nova
12/10/2026
Federativas

Sergio Callejón e a parella García Carbajal-Palomar, campións do M15 Pontevedra

O español Sergio Callejón coroouse campión da proba individual tras vencer ao francés Matisse Bobichon por 6-1, 1-6 e 6-1 na final disputada o domingo.

Callejón, segundo cabeza de serie, completou unha gran semana no Club de Tenis de Pontevedra e gañou o segundo título ITF da súa carreira.

Na competición de dobres, a parella española formada por Alejandro García Carbajal e Xavi Palomar levou o título tras vencer aos portugueses Vasco Leote Prata e Diogo Marques, primeiros cabezas de serie, por 7-5 e 7-6(6).

Campión: Sergio CALLEJON HERNANDO (ESP)
Finalista: Matisse BOBICHON (FRA)
Campións dobres: Alejandro GARCIA CARBAJAL (ESP) / Xavi PALOMAR (ESP)
Finalistas dobres: Vasco Leote Prata (POR) / Diogo Marques (POR)