Tecnificación Provincial 2019-2020
A Federación Galega de Tenis pon en marcha, un ano máis, o programa de tecnificación provincial onde se ofertan bolsas de adestramentos a xogadores e xogadoras que queren progresar no tenis. O ano pasado foron 150 nenos e nenas os que se viron beneficiados deste programa.
Na seguinte ligazón poderán consultar as datas/horarios/sedes para realizar as probas de avaliación (renovacións da pasada tempada) e das probas de acceso (para xogadores e xogadoras que se queren incorporar ao programa esta tempada).
Pica aquí ---> Listado de probas de avaliación e probas de acceso
En caso de non poder asistir ás probas nese horario, deben comunicalo por correo electrónico a carloscoira@fgtenis.net para ver a posibilidade de asistir noutro horario (só por causas debidamente xustificadas)
Probas de acceso:
- Probas técnicas:
- Golpes de fondo dereita/revés buscando profundidade.
- Golpes de fondo dereita/revés paralelos e cruzados.
- Probas físicas: Lanzamento de balón medicinal, salto horizontal, velocidade (20m.), axilidade (abanico).
-------------------------------------------------------------------------------------------
O programa constará de dous partes:
- Período de adestramentos (de outubro a xaneiro):
Realizaranse 12 sesións de 1 h:30 min, que poderán ser adestramentos en pista ou charlas sobre diferentes temáticas (valores, regulamento, psicoloxía, preparación física…).
A cada xogador asignaráselle un grupo acorde á súa idade/nivel na zona máis próxima (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Vigo, Pontevedra, Ourense), todos os adestramentos realizaraos nesa zona.
Clubs de adestramento: Realizaranse rotacións entre os clubs sedes de cada zona.
2. Período competitivo (febreiro a agosto):
Os xogadores e xogadoras deberán participar en polo menos 3 probas do Circuito Babolat, sendo unha delas o Campionato Galego da súa categoría.
Para poder acceder ao programa necesítase superar unhas probas de acceso e cumprir os seguintes requisitos:
- Benjamines e Alevíns: realizar 3 horas de adestramento semanais nos seus clubs.
- Infantís, Cadetes e junior: realizar 4 horas de adestramento semanais nos seus clubs.
- Ter licenza federativa e estar empadroado en Galicia.
Máis información sobre o programa de tecnificación provincial (PROGRAMA)