Nova
22/09/2023
Federativas

Torneo Internacional de Tenis 14&Under “Cidade de A Coruña”

Noa Pena Paz leva o trofeo de campioa de dobres do Torneo Internacional de Tenis 14&Under “Cidade da Coruña” celebrado no Sporting Club Casino Coruña.

No cadro masculino o campión foi o número 1, F. Fontán Pardo de Santayana, que venceu na final 3-6 6-3 6-2 a T. Escarda Piñeiro.

En categoría feminina, a campioa foi Alba García Fernández, que venceu na final a Olivia Graupera Godia por 6-2 e 6-1.

En dobres masculinos, os segundos cabezas de serie, T. Escarda Piñeiro e Javier Montes Jimenez lograron o primeiro posto, superando na final a Marco Quesada Arruza e F. Fontán Pardo de Santayana por 7-5 e 6-4.

Na proba de dobres femininos, o torneo tivo campioa galega, Noa Pena Paz, do Real Club Tenis Coruña, xunto con Paula González Merlo do Real Grupo de Cultura Covadonga, que venceron a S. Ferreira Da Silva e Helena Sequeira, o resultado foi 6-2 6-0.