Nova
19/12/2016
Federativas

Triatlón.- CRISTÓBAL RODRÍGUEZ FIDALGO, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE PÉNTATLON MODERNO

Cristóbal Rodríguez Fidalgo proclamouse hoxe en Barcelona subcampión de España de Péntatlon Moderno, nunha proba que foi dominando ata case os últimos 300 metros da combinada.

O galego estivo en cabeza durante case toda a proba, pero fixo unha frouxa combinada que foi decisiva para privarlle de sumar un novo título de campión de España. Joan Gispert, cunha espectacular remontada, logró superalo nos instantes finais e proclamarse campión de España. O bronce foi para Aleix Heredia.
Pola súa banda, Aroa Freije logrou o subcampionato na categoría xuvenil e o bronce na absoluta, mentres que Raul Blanco conseguiu a medalla de bronce en júnior masculino.
Federación galega de Triatlón e Penatlon Moderno.