Nova
09/12/2016
Federativas

Triatlón.- Mañá 10 de decembro comeza en Ortigueira o programa Nada e Corre desta tempada

Na primeira proba desta tempada están inscritos máis de 220 deportistas.
A final galega celebrarase en febreiro en Pontevedra.

Lugo, 9 de decembro de 2016. O programa Nada e Corre do 2016/17 comeza esta fin de semana coa celebración da proba zonal de Ortigueira, que é clasificatoria para a final galega. O Nada e Corre de Ortigueira celebrarase o sábado 10 de decembro a partir das 15:00 horas na Piscina Municipal coa participación de máis de 220 nenos e nenas (76 benxamíns, 45 alevíns, 46 infantís, 48 cadetes e 7 prebenxamíns).
Este programa, que comezou no 2012 promovido pola Federación Galega de Tríatlon, está dedicado ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e paratriatlon e ten como obxecto traballar en inverno a natación, de forma moi especial, e a carreira, aspectos considerados fundamentais polos técnicos.
Así o programa Nada e Corre, que se desenvolve entre os meses de decembro e febreiro, está formado por cinco probas clasificatorias zonais (Ortigueira, Ourense, Carballo, Vigo e Riveira) e unha final. A final terá lugar o día 11 de febreiro en Pontevedra e para a mesma clasificaranse un total de 9 deportistas por categoría e sexo.

As distancias a realizar dependerán das categorías:

? Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pe.
? Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
? Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
? Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
? Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Federación galega de Triatlón e Pentalón Moderno