Universidade de Vigo e Federación Galega de Baloncesto formarán a novos árbitros e oficiais de mesa
- En virtude da renovación do acordo entre ambas as entidades, convocan Curso de Iniciación á arbitraxe destinado ao alumnado da propia Universidade.
- A participación nesta formación terá recoñecemento académico a través de 2 créditos.
A Universidade de Vigo e a Federación Galega de Baloncesto impulsan un curso de iniciación a arbitraxe federada en Baloncesto.
A institución académica e a deportiva activan esta formación pioneira que permitirá ao alumnado da Universidade de Vigo entrar a formar parte do mundo da arbitraxe en Baloncesto no ámbito federado.
Esta iniciativa que abre o seu prazo de inscrición o 6 de setembro; dotará ao alumnado das bases do traballo de árbitros e oficiais de mesa.
Regras de xogo, mecánica, sinalización e funcionamento do Comité Galego de Árbitros serán os puntos didácticos destacados.
A programación contará con 12 horas de formación online e 50 de carácter presencial, incluíndo prácticas en partidos oficiais.
Os estudantes que realicen o curso poderán validar o mesmo por un total de 2 créditos.
Inscrición
O proceso de inscrición debe realizarse a través da propia Universidad de Vigo, na ligazón campusactivo.uvigo.gal
O custe da mesma é de 100 €, incluíndo para cada alumno o seguro deportivo, a licenza na Federación Galega de Baloncesto e a uniformidade.
A partir do 21 de setembro a posibilidade de inscrición abrirase ao alumnado do total das Universidades de Galicia. Neste caso poderán tramitar a súa inscrición dende esa data e ata o 28 de setembro.