Nova
16/12/2016
Federativas

UXÍO ABUÍN E ANTÓN RUANOVA, NA COPA ÁFRICA DE DAKHLA

Os galegos Uxío Abuín e Antón Ruanova –que agora compite por Brasil- disputarán esta fin de semana a Copa África de Dakhla (Marrocos), na que será a última proba do ano 2016.

Uxío Abuín, que rematou a tempada o 5 de novembro co triunfo en Agadir, apenas gozou duns días de descanso e xa comezou a adestrar coa máxima ilusión despois dun final de tempada excepcional que o levou ao posto 58 do ranking mundial. Agora toca a Copa de Dakhla, que se disputará sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe).
E non será o único galego presente: O santiagués Antón Ruanova (Arcade Inforhouse) tentará porlle as cousas complicadas a Uxío. Ambos aparecen cos dous primeiros dorsais da proba, na que están inscritos un total de 27 deportistas. A proba celebrarase o sábado 17 a partir das 13:00 horas (unha hora menos en Galicia). Na categoría feminina non hai deportistas galegas.
Federación gallega de Triatlon e Pentalon Moderno.-