Varios galegos subiron ao podio no MT200 de Estepona
Moi bos resultados dos xogadores galegos que participaron no Torneo Internacional Senior MT200 de Estepona.
Destacamos a Nilo Rubén Pérez Calo do Club Tenis A Tobeira, campión na modalidade +65, a Ángel Fantova Juncal do Sporting Club Casino Coruña, que quedou finalista na categoría +45, e a Luis Ordieres Canal do Club Tenis A Tobeira, que foi subcampión do grupo +50.
Ademais, Antonio Hernández González do Real Club Náutico de Vigo logrou chegar ás semifinais da categoría +50 e Javier Méndez Varela do Club Tenis A Tobeira chegou ás semifinais da modalidade +55.
Tamén participaron Manuel Alves Pérez (Club Tenis A Tobeira) en +45, Iván Lima Vázquez (Club Tenis A Tobeira) e Andrés Riveiro Sestelo (Club Tenis A Tobeira) en +50 e Benicio Moran Hidalgo (Club Tenis A Tobeira) en +60.