Vigo Tennis Open 2026
Simone Massellani e Keisija Berzina coroáronse campións do Vigo Tennis Open 2026.
O Vigo Tennis Open 2026, torneo internacional ITF World Tennis Tour Juniors J200, concluíu este domingo nas pistas do Complexo Deportivo Municipal de Samil cos títulos individuais para Simone Massellani (Italia) e Keisija Berzina (Letonia).
No cadro masculino, Simone Massellani coroouse campión tras vencer na final ao británico Mark Ceban por 6-3 e 6-0, realizando unha sólida actuación para facerse co título en Vigo.
No cadro feminino, Keisija Berzina gañou o título tras derrotar á xogadora suíza Noelia Manta, segunda cabeza de serie, por 7-5 e 6-4.
Berzina tamén triunfa en dobres
A xogadora letoa tamén culminou unha excelente semana co título de dobres, facendo parella coa húngara Anna Mihalka. Derrotaron ás españolas Lucía Rodríguez e Carla Vázquez Alcudia na final por 4-6, 6-4 e 10-5.
Así, o Open de Tenis de Vigo 2026 pechou a súa edición cunha xornada final que puxo fin a unha semana de competición internacional en Samil, reunindo novas promesas do tenis mundial na categoría júnior.
Lista de campións:
Individual masculino
- Campión: Simone Massellani (ITA)
- Finalista: Mark Ceban (GBR)
Individual femenino
- Campioa: Keisija Berzina (LAT)
- Finalista: Noelia Manta (SUI)
Dobres masculinos
- Campións: Luca Cosimi (ITA) / Mattia Logrippo (ITA)
- Finalistas: Stan Put (NED) / Dominik Vagner (CZE)
Dobres femininos
- Campións: Keisija Berzina (LAT) / Anna Mihalka (HUN)
- Finalistas: Lucía Rodríguez (ESP) / Carla Vázquez Alcudia (ESP)