Nova
15/04/2026
Federativas
Vitoria de Martín De la Puente no 500 de Daegu
O vigués Martín de la Puente conseguiu outra dobre vitoria no torneo 500 de Daegu, celebrado en Corea do Sur do 7 ao 11 de abril.
Na final derrotou ao francés Stéphane Houdet cun marcador de 3-6, 6-1 e 6-4.
Estes foron os seus resultados na competición individual:
- 2R – Kouhei Suzuki (JPN) 6-2 6-4
- Cuartos – Zhenxu Ji (CHN) 7-6(4) 3-6 6-0
- Semis – Anderson Parker (AUS) 6-3 6-2
- Final – Stephane Houdet (FRA) 3-6 6-1 6-4.
O seu opoñente na final individual foi o seu compañeiro de dobres, Stephane Houdet. Derrotaron na final ao dúo formado por Frederic Cattaneo (FRA) e Alwande Sikhosana (RSA), cun marcador claro de 6-1 e 6-3.
¡Parabéns Martín!
Hoxe comeza a súa participación no Seoul Korea Open, estaremos atentas aos seus resultados.