Nova
10/12/2024
Institucionais

A Xunta convoca unha nova xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia

Santiago, 10 de decembro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu unha nova xuntanza, a décimo cuarta, da Comisión Galega de Control da Violencia na que se continuou traballando nos expedientes antigos, así como se produciu a apertura de novos casos. O secretario xeral para o Deporte e presidente da Comisión Galega de Controla da Violencia, insistiu, unha vez máis, na “responsabilidade na salvagarda dos valores esenciais no deporte” e uniu este deber cos clubs, entidades deportivas e federacións, así como ás persoas organizadoras de competicións e espectáculos tal e como marca a Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.