Nova
28/07/2022
Institucionais

A Xunta e as federacións de karate traballan para traer a Galicia novos eventos do calendario nacional e internacional

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte, Diego Calvo, mais o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron unha xuntanza de traballo no día de hoxe co presidente da Real Federación Española de Karate, Antonio Moreno Marqueño e co presidente da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente López de cara a que Galicia poida acoller os vindeiros eventos de índole nacional e internacional.