Nova
22/03/2019
Institucionais

A Xunta reafírmase no seu compromiso na loita contra a violencia de xénero cun novo convenio en materia de deportes

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, asinaron unha colaboración no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Pontevedra, 22 de marzo de 2019.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, asinaron esta mañá un novo convenio de colaboración na loita contra a violencia de xénero, esta vez en materia de deportes. Esta colaboración dá continuidade ás liñas de axudas xa ratificadas con Vivenda, Educación e con Cultura e Turismo.

A Xunta de Galicia aposta de novo pola igualdade no deporte. O Goberno conta xa con varias liñas de actuación nesta area como charlas en centros educativos coa Fundación Vero Boquete, ou a colaboración coa Federación de Fútbol para impulsar a igualdade no fútbol profesional e afeccionado. Ademais recentemente chegouse a unha serie de acordos coas federacións de balonmán ou baloncesto. En este sentido, o vicepresidente da Xunta indicou que trátase dunha loita na que todos deben estar implicados.

Para este ano, a Xunta aporta 1,5 millóns de euros. Esta colaboración basease en campañas en espazos deportivos e difusión das mesmas a través dos clubs galegos de alta competición, en equipamento da campaña NON para o colectivo arbitral ou para o programa Xogade, unha campañas con deportistas en centros educativos. Tamén dedicarase unha parte para os deportistas olímpicos que participen en Tokio 2020, para axudar a concienciar na loita contra esta lacra.

A educación e o deporte, recalcou o vicepresidente, son ferramentas idóneas para enviar a mensaxe de que non pode haber discriminación por razón de sexo e que a violencia de xénero non ten cabida na nosa sociedade.