Nova
10/06/2019
Federativas

Yago Martinez Nogueira gaña proba CEMX S18

A proba diputouse no cicruíto de motrocros de Taboexa - As Neves

Durante o fin de semana do 8 e 9 de xuño disputouse no circuito de motocros de Taboexa - As Neves unha proba valedeira para o campionato de España nas categrías Sub18, MX65 e Master.

Na categoría S18 o porriñés Yago Martínez venceu as duas mangas e amplía o seu liderado na clasificación provisional. Yago gañou todalas mangas disputas no que vai de ano. Nesta mesma categoría houbo mais representación galega: José Canosa (12º), Toño Sampedro (15º) e Breogan Touriñán (16º).

Na categoría mx65 o vencedor foi Joel Cañadas en dura pugna con Salvador Perez Carneiro, que apretou a Joel na segunda manga pero ao final sucumbiu ao empuxe do seu rival ao igual que na primeira. O mellor galego clasificado nesta categoría foi o ribeirense Fran Vilas (29º). Valentino Vazquez (33º) e Joaquin Barrigon (37º) tamén se clasificaron para disputar as mangas finais.

Na categoría Master35 Alberto Galan finalizou sexto.

Documentos
Clasificacions (3.43Mb)