Nova
31/05/2022
Federativas

Yeray Quián Darriba finalista do Warriors Tour Zaragoza

Yeray Quián Darriba, xogador galego con licenza polo Real Club de Tenis Coruña, conseguiu ser finalista na cuarta proba do Circuito Nacional Warriors Tour, celebrado no Real Club de Tenis de Zaragoza, do 21 ao 29 de maio de 2022. .

Yeray comezou como cabeza de serie número 5 no cadro cadete masculino. En oitavos de final e cuartos de final, derrotou a dous tenistas locais, Daniel Ferrer Pérez e Rubén de la Natividad Puma, por 6-2 6-2 e 6-0 6-2, respectivamente. En semifinais venceu ao cabeza de serie número 3, Iván Menéndez Soto, por 6-3 7-6 (3), nun gran partido. Na final non puido vencer ao campión cadete da comunidade aragonesa, Pabló Roche Alcaya, o resultado 6-3 6-2.

Nicolás Bellas Panadero tamén participou na categoría infantil masculina deste torneo. Gañou en oitavos de final a Bruno Mele Martinez por 6-4 6-2, pero en cuartos non logrou vencer a Víctor Palomar Marquina por 6-0 7-6(2).