Eventos

31/10/2017

Destaca os 10 quilómetros urbanos que percorren os lugares “máis emblemáticos” de Ourense, as tres distancias que abranguen todas as idades e nas que “se nota o incremento da participación feminina”, os miles de espectadores e os miles de participantes, que xa chegan aos 12.000, así como a celebración dunha “festa na que as familias se unen para facer deporte”

24/10/2017

A próxima fin de semana terán lugar no Polideportivo Cerro Almodóvar (Madrid) os Campionatos de España por Clubs en categorías masculina e feminina, Copa do Rei e Copa da Raíña, respectivamente. Para poder participar neste campionato nacional os dezaoito mellores equipos do ranking nacional, tanto na categoría masculina como na feminina, tiveron que enfrontarse nun play off clasificatorio no que só pasaron os doce mellores.

24/10/2017

Noelia García Suárez e Irene Blanco Tarela foron as dúas deportistas galegas que tomaron parte no evento.

Os vencedores do V Trofeo Cidade de Ferrol
24/10/2017

O Club Ciclista Ferrol organizou no Club de Campo da cidade departamental este evento, que contou con 300 participantes.

Os vencedores nas diversas categorías do XV Trofeo Ría de Marín
09/10/2017

Cun gran dato de participación, superando os 260 corredores, e cunhas temperaturas nada habituais nesta modalidade, a Copa Galicia de Ciclocross púxose en marcha co XV Trofeo Ría de Marín.

02/10/2017

A Copa Galicia de estrada elite e sub23 tivo un desenlace inesperado

30/09/2017

Algunhas federacións deportivas galegas xa confirmaron a súa presenza no evento, pero agárdanse novas incorporacións xa que aínda está aberto o prazo de inscrición que se pode tramitar directamente a través de Expourense

30/09/2017

Fai un repaso das cifras máis importantes do Pulpo Extreme recordando os máis de 150 representantes de tres continentes que se baterán durante estas cinco xornadas nas nove modalidades deportivas existentes como DHU (descenso urbano), skate, patíns en liña, quad (patín tradicional), BMX, scooter (patinete), graffiti, break dance ou DJing

29/09/2017

Destaca a importancia dun deporte feminino galego que “poxa forte” e que “deixa patente a calidade das deportistas que temos en Galicia”

29/09/2017

Asegura que “o deporte debe ser didáctico, pedagóxico e divulgativo, tanto na aprendizaxe da técnica da actividade física como na transmisión das estratexias que fan mellor a súa xestión”