Institucionais

22/03/2018

Comunica o obxectivo de poder transferir a plataforma DAFIS do Plan Galicia Saudable ao ámbito laboral galego e que “toda a sociedade se poida ver beneficiada dunha iniciativa que mellorará a nosa saúde a través da práctica regular de actividade física”

23/03/2018

Enumera os catro obxectivos do curso: “coñecer a organización do medio natural galego, coñecer aspectos básicos da protección do medio na organización dun evento deportivo, coñecer experiencias de éxito na organización deste tipo de eventos e coñecer tamén aqueles acontecementos de excepcional interese público”

31/03/2018

No que vai de ano foron contactados o 77% dos deportistas galegos de alto nivel recoñecidos polo procedemento iniciado en xuño de 2017 (358)

En total foron contactadas 96 empresas e un total de 276 deportistas galegos dos que o 67% manifestou o seu interese por participar no programa

04/04/2018

A primeira hora, Marta Míguez asinou en Ourense os convenios de colaboración coas federacións da provincia para despois facer o mesmo coas federacións de Pontevedra en Vigo e coas federacións da área de Santiago na capital galega

Xa na quenda da tarde, a secretaria xeral estivo na Coruña e Lugo onde asinou os acordos coas federacións propias das provincias coruñesa e lucense

 

07/04/2018

Reivindica "un deporte global, inclusivo, igualitario, para todos e para todas. Un deporte que non entenda de xénero, nin de idades, nin de condicións"

Diríxese aos atletas con discapacidade intelectual para asegurar que "sodes a viva representación de todos e cada un dos valores que agocha o deporte: sacrificio, resiliencia, esforzo, traballo, constancia, compañeirismo e sobre todo, inclusión"

10/04/2018

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, recibiu no día de hoxe a Francisco Pérez Carrera, acompañado do seu adestrador, que vén de acadar seis medallas (tres ouros en péntatlon, salto de lonxitude e relevo 4x200, así como outras tres pratas en 60 metros vallas, pértega e relevo 4x400) no Mundial de atletismo para persoas con discapacidade intelectual celebrado en Val de Reuil (Francia).

02/05/2018

Enumera as partidas destinadas á actividade deportiva para este 2018 cun total de 11,5 millóns de euros do orzamento total da Secretaría Xeral para o Deporte que suma 21,9 millóns de euros

Salienta outros programas da Secretaría Xeral como o II Salón do Deporte e Turismo Activo ‘Sportur Galicia’ que este ano terá lugar o 15, 16 e 17 de novembro na cidade de Ourense e o programa ‘Eu son DGAN’ que procura a integración laboral das e dos deportistas galegos de alto nivel

18/04/2018

O conselleiro de Cultura e o Educación e o presidente da Federación na que se enmarca a Fundación asinaron hoxe un protocolo de colaboración para o desenvolvemento de varias accións neste eido

18/04/2018

María Pérez Araújo foi elixida como a mellor deportista feminina e Lucas Vázquez como o mellor deportista masculino

24/04/2018

A Secretaría Xeral para o Deporte concédelle á Federación Galega de Piragüismo unha subvención por un importe máximo de ata 266.824 euros para a realización dos seus respectivos programas de promoción deportiva para a anualidade 2018