Institucionais

24/05/2023

O Campionato de España de Tenis MAPFRE por Equipos Sénior de Comunidades Autónomas rematou no Club Deportivo Font de Sa Cala, Font de Sa Cala (Mallorca) do 17 ao 21 de maio.

27/06/2023

A selección española participará con 15 deportistas, dous deles galegos, ambos os dous campións de España, que competirán este venres 30 a partir das 11 da mañá: Alessandro Iemma e Moisés Bello

21/06/2023

A carreira contará con máis de 6 quilómetros e 30 obstáculos e as entradas poderanse adquirir dende mañá ás 22,00 horas

19/06/2023

Remarca a participación do ourensán Luis Pérez Canal, campión de Europa de J70 en 2019 co Abril Verde, e do vigués Luis Bugallo, campión do mundo de J70 en 2018 co Marnatura, ambos os dous na clase Corinthian

16/06/2023

O devandito plan promove, por segundo ano consecutivo, a conciliación e a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos menores ao cargo, ao habilitar servizos de coidado profesional con actividades de animación socio deportivas para nenos e nenas de ata 16 anos de idade

14/06/2023

Nestes últimos anos, o Goberno galego recoñeceu oficialmente o parkour, o BMX, ou o 3x3 de baloncesto; creou aa Federación Galega de Baile Deportivo e impulsou a Liga Xunta de Galicia de Breaking, deporte que será olímpico en París 2024

14/06/2023

Lete Lasa lembra a pasada edición do Campionato de Europa U20 de Loitas Olímpicas, celebrado en 2019 en Pontevedra, así como a realización de nove mundiais de Loitas Olímpicas Sub23, Grappling e Grappling Gi U17, U20 e absoluto que reuniron en Pontevedra a 1.800 deportistas o ano pasado

06/06/2023

Entre estes nomeamentos destacan novos deportistas galegos de alto nivel como Jorge Candán e María del Pilar barros, campións do Mundo de vídeo submariño; Noel Domínguez en piragüismo; Adrián Mosquera en piragüismo (paracanoe); Estrella López Sheriff en judo; Ferenc Szabo como adestrador de halterofilia; ou Nico Rodríguez que se suma á lista de deportistas galegos de alto nivel vitalicios

02/06/2023

O orzamento da convocatoria de 2023 será de 500.000 euros e poderanse solicitar as axudas dende hoxe ata o vindeiro mércores 14 de xuño de 2023

31/05/2023

O secretario xeral para o Deporte participou na presentación da 56ª edición que este ano pasará polos concellos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Amoeiro, Maside, Irixo, Boborás, Barbadás, A Merca, Celanova , Cartelle, Toén e, por suposto, Ourense do 16 ao 17 de xuño